miércoles, 10 de diciembre de 2008

Seika imos a roma






pois si, seika imos a roma.Trijillas, eloy,eu e o moises(fichaje de última hora) intentaremos competir cos miticos ligóns italianos á hora de jatillar italianas (triji teno facil porque presume se ser un tipo alto e con percha)(o cabron está mallando gimnasio para arrebatarlle a Berlusconi o top ten de ligón oficial).A verdad é que hoxe en día vas por catro pesetas a roma ou londres.Non sei como podes ir a roma ida e volta por 14 € sen taxas (sobre 50€ en total)se o Benito Abalo de cesures a padron oxe en día debe andar cerca de 1.5€ (1.5 por 2 km e catorce por air a roma??).
Se Benito Abalo tivese unha línea aérea ou se houbese un Aircastromil e se cobrasen o prezo por km estilo autobus cesures-padrón...terías que ir a caixanova a pedir un prestamo e vender as veijas e os pinos do monte.
¿donde dormir?..jeje ...imos pillar chinches..hostales que costan desde 4 € por dia...como mínimo imos pillar sida, papiloma humano,malaria,cancer de útero e algún tipo de chinche italina.
¿Que hacer en roma? O mitico:fontana de trevi,coliseum,ciudad do vaticano,estadio de la roma, plaza navona,plaza de españa..etc...pero o que molaría facer en róma é:
- Salir de marcha con Toti e cas suas chatis...ojalá.
- Ir a un mitin de Berlusconni.
- tomar un kas con benedicto 16.
- tomar un "rico gellato"(trijillas).
- Dar unha vota en vespa
- Darlle unha patada na entrepierna a un da guardia suiza.
- tocarlle as tetas a cicciolina...ou a otra calquera.
- que secuestre a mafia a moises
- Ir a unha timba e a apostalo todo o texas holden conta un mafioso sicialiano.
- beber un disaronno-cola o lado da fontana de trevi.(ou chupitos de frangelico)
- roubar monedas na fontana de trevi (para pagar o viaxe de volta)






O final vai pasar o mítico: Un perdese por roma e o resto da peña a buscar por el (perdendo así un día) e a algún vaille facer daño " o bocadillo" e vai haber que levalo o hospital.

martes, 18 de noviembre de 2008

temos unha wii secuestrada no piso

hola paisanos de redondo , que tal vos vai a vida?...pois por aqui por vigo dandolo todo...jeje...bueno pois eu levo xa un mes por ahi que non vos rompo a cabeza cas miñas tonterias-idas de olla e máis que botarei porque dentro de nada están ahí os exames de decembro ( os que estudiades en universidades de santigo non tedes...a joderse...tamén a nosa facultade cheira a atún!...xa que está pegada a nave de Conservas Albo (un apestoso cocedeiro de atún)...imaxínate un dia de junio as 5 da tarde con este olor...ven sendo o máximo.
Cando chegan os exames dis ti: ostia este cuatrimestre vou a arrasar...e o final sueles dar pena e verghuensa ajena.Ó principio é asi entodalas cousas da vida : o principio tes ansias e dis ti " eu aki vou a arrasar" "me como el mundo.."...e o final sueles dar pena porque pasas de todo.En vez de estudiar polas tardes pois poste a mirar "Acompañanos" de superpiñeiro...ou xogando no glorieta o subastado...ou mellor ainda:Xogando a Wii!


(Rei melchor dos latin kings)

Temos unha wii secuestrada no piso...pero non durará mais que esta semana...xa que é do irmán pequeno de Eloy...(un regalo de reis...o chaval ainda fai que cree nos reis e no papanoel da cocacola...para chupar do bote...chamalle parvo!...no meu tempo solo había os míticos Playmobil...e se arrasabas(vamos se o teu pai facia horas nos alumnios ou eras fillo do conde de fenosa) pois tiñas a master sistem e se eras de apellido Borbón pois aspirabas a unha Nintendo Nes ou a megadrive(finada de sega)...o mais normal era joderse e chupar caramelos das cabalgatas que facia Elias en cesures..


miticas as pachangas o pac-man...que tempos akeles nos que habia Mirinda...

jueves, 16 de octubre de 2008

parecidos razonables

hai un paxina chulisima..xD na que se subes unha foto de alguén comparacha con alguén famoso...Aquí uns exemplos representativos do famoseo que anda por cesures e arredores


DE CACHOTE A PATRICK SWAYZE

MyHeritage: Árbol genealógico - Genealogía - Celeb

..que escondido o tiñas cachote!

...la dulce venganza

hola moises...si ti...o mismo moises que abandonou a súa estirpe de guerreiro cherooke..con esas melenas!...que cortou o pelo por culpa das modas impostas pos Suso o peluquero...ti terás fotos miñas inculpatorias...pero eu teño unha tua...JAJAJA...e dirás tí :como carallo e que a tes?..pois da maneira máis iloxica posible:na papalera de reciclage do meu portatil...xa me explicarás!...bueno ahi vai a foto: Moises engominado en plan mario conde...pasen y vean..xDD...Bueno mosies asi kedamos en paz...



jueves, 9 de octubre de 2008

outra de cine

Outro momento estelar do cine:a chaqueta metalica..escoitade os diálogos son a caña.Menos mal que agora o servicio militar está abolida...senon quen vería a toda peña chunga de cesures no exercito:Al tron, los rumbos,el mikle & nene,...sería pa facer unha peli.Tamén quen me vería na mili a min...podia ser o máximo que virades na vosa vida.Veña a disfrutar do cine gratis garcias o noso primo youtube

virus! puto bill gates



Que tal chavales?como vai o tema? Pois eu ando jodido ...puto pc...teño o portatil cheo de chokitos (vease tamén:virus,worms,troyanos,"perlofgas"..jeje ou algoa si)asi ke o vou a ter que formatear...e veña a facer copias de seguridad...
Pero bueno o máis importante e que toda a culpa dos meus virus e de moises :
-Eh moises tés algún antivirus?
-Si tio, teño uns que son boisimos e non caducan nunca.Pasochos?
...e eu dixen que si..Mentira!.oxalá lle dixera que non.Agora o portatil vai a pan de millo..e vou a ter que ir o sabado a casa do meu colega informatico Sr.Campos pa que mo axiete un pouco.
Asi é a vida , dependemos dos avances técnicos e tamén da piratería! que sería d nos sen a pirateria e deses frikis que malla miles de horas para crackear os programas a cambio de nada (a esta peña molalle poñer ripped by friki..ou cracked y friki de teleco..con eso xa son felices porke asi alcanzan a fama nese mundo de frikis con perilla e gafas con camisetas de "the punisher"...peña enferma)e os marroquis que nos venden os decodificadores de via digital..
Asi que mentres non arranxe o ordenador poucas paranoias vou a poder poñer por aki!un saludo a todos os frikis co perilla.viva a peña punisher!

martes, 30 de septiembre de 2008

De volta ó choio

hoxe acabouse o tempo de rañala.Empezaron as clases...buff!..co ven se estaba sen facer nada e indo a chanteclair!..xDD.
Realmente agora metome nun cristo de asiganturas (de 3ª ,de 2ª, de libre configuracion...) e hoxe empecei a ir a clase de Introduccion ó ingles técnico
(con ese nome diredes vos:buah! esa asignatura ten que ser a puta ostia!...na realidade nada mais lonxe de Verbo To be e pouco mais..)
O que si vai a ser un cristo é Oficina Técnica ( unha chapatoria tremenda e mallar traballos a punta pala). Bueno haber que sale de todo esto.O único bó e a volta ó estimulante e fantastico mundo nocturno de Churruca ca súa fauna e flora..terei que poñer algunha foto por aki das fantastico-barrakeras noites viguesas.Salir en vigo é un mundo:tes tres zonas.
-Arenal (superpijolas de la muerte:tes que estar moreno de solarium,camisetas de dolce&gabanna 7 tallas mais paquenas ( a maioría son da pedra...non hai tanto rico polo mundo como parece)e levar zapatos blancos de piel de caiman para que che deixen entar no Versus e en locales polo estilo.
-Churruca:Zona dos estudiantes por defecto.Garrafon mortal.Cacique de color blanco.E o final todos para o Planta baixa (que nunca entras..pero mola encontrase ca peña chunga que hai por ali).
-Viños:Autentico campo de batalla o mais yonki de vigo esta alí... e tamén peña de palestinas.Ten o seu encanto...sobre todo ir o galerna a toamr o likor café e ir o Porrón a tomar pipas de tapa...a partir das 2:00 o mellor e escapar porque o que queda é a yonkada máis grande da historia.

Tedes que ir por vigo un dia...a fauna nocturna é do máis galactico que podedes ver

lunes, 22 de septiembre de 2008

música friki de cojones (2ª parte)

Esta entrada vai dedicada ó Sr.cachote xa que o vexo moi posto en temas fikis.
En conxo deben estar ata arrriba de chollo con tanta peña tronada.

1ª "soy cristiano homosexual"




2ª "mi tekila es tu ron" de daviz vizval


3ª "oye niña" de Santiago Rouco (esta xa sabia dela..xDD)

viernes, 19 de septiembre de 2008

unha de cine

Aquí un dos mellores momentos do cine da historia.Al pacino en "pactar con el diablo"....vaia jefada de dialogo.Pacino toca techo nesta pelicula.Irei poñendo aquí os que para min son os mellores momentos da historia do cine.Ahi se queda eso

Outro momento estelar: o señor eastwood en " el sargento de hierro" .Menos mal que a min non me tocou ir a mili senon caghaba por min..jeje

porque ten que haber de todo



Record Guinness El hombre más bajito y las piernas más largas del mundo

Son especiales por algo y esta semana se reúnen en Londres por sus rarezas: hoy se ha publicado en Londres el Libro de los Récords Guinnes 2009.
El mongol He Pingping, el hombre más bajito del mundo con una estatura de 74,61 centimetros, ha posado junto a la rusa Svetlana Pankratova, la mujer con las piernas más largas del mundo.

Eu cando vin esta foto na voz quedei parvo.Ainda que ser asi de enano,porque xa non digo pequeno,ten todo ventaxas:
-se se quere emborrachar con tomar un tapon ou un dedal de malibú-piña xa esta na llama,vamos que aforra cartos a dolor.
-en roupa ..gasto=cero.Cún metro cuadrado de tela chegalle para facer roupa para 20 anos.Pode facerse traxes coas camisetas da festa da lanzada...ou cas que regalan os da orquesta impacto.
-en comida...gasto=cero.Este tipo debe de comer alpiste de canarios ou algo asi...vas a de agro ulla e cunha saca de tercerilla chegalle para el para toda a familia que sea capaz de engendrar.

O mellor de todo é o nome que ten: He pingping (hai que ser cabron na vida)...e por riba o tipo e mongol...se o finado de atila levantara cabeza!..

jueves, 18 de septiembre de 2008

musica friki de cojones

hoxe en dia desde que foi o de OT (busta , bisbal ....&cia) todo dios ponse a facer musica ...e canto máis friki mellor.Donde este unha boa orquesta en plan Impacto ou D'moda co carro de mambis..(o que mola tomarse un kas vendo a pili d'moda..non hai carto que o paghe!)..que se quiten todas estas fikadas....aqui uns exemplos



viernes, 29 de agosto de 2008

movidas de neghros

As cousas son como son...hai movidas que son de negros...vamos, que ti na vida vas a ver a un tipo dos martores fasendo "breik" no medio de San lois ( o unico antecedente de hip-hop cesureño era a peña do JMV ....victor rapero..etc..xDD).E como decir que hai movidas de rumanos (o que lle mola a eles e roubar...bueno algún tamén traballa no alambre) ou movdas de latin-kings (regueton,pobre dabla,suspensions hidraulicas nos coches y don omar es dios...é o único que saben facer).
Pois aquí un video de neghros

jueves, 28 de agosto de 2008

frases escondidas

informovos de que todas as cancións teñen mensaxes ocultos utilizados co fin de joderche viva a cabeza para que fagas o que quere o goberno ( asi dinche a quen tes que votar,que mortadela tes que comer...controlanche a vida). Agora xa nos podemos explicar como é que hai alcaldes que salen elexidos ( cesures e valga son examplos claros)..xDD...eso pasa por escoitar moito a radio valga..jejee

miércoles, 27 de agosto de 2008


AS FASES BIOLÓXICAS DO SER HUMANO NORMAL (DENDE 0-16 ANOS TERRESTRES)

Polo Dr.Seijas (Doctor pola Universidade Escandinava de Bronceado)

Según innumerables estudios científicos a vida dun home normal ten as seguintes fases:

1º fase Fetal(0-9 meses)

...esta fase é a mellor de todas:estas ó quente,non madrugas,comes o que queres,non tes que traballar….vamos,que estás como dios…e apartir de aquí todo vai a peor.

2º fase Dodotis(0-2 anos)

Quizais sexa unha das etapas da vida mais humillante..xa que é cando “literalmente”...caghas por ti …e ademáis andas espido sin ningún pudor…xa que realmente nesta etapa molache o rollo nudista e adoras a naturaza tal como é.

Solo pensas en mamar.. (tamén se podería chamar fase “mamón”)

Pasas de rollos…andas o teu e practicas o ciclo vital que nunca se debeu de romper:durmir,comer,xogar,cagar….unha especie de bucle infinito

Non sabes falar (para que!...total a mitade das veces solo decimos tonterias…estilo:

-que tal?.a que andas?

-pois por aquí…

-chove?

-seica si…

(sobran os comentarios)(esto chamase riqueza léxica)

3ºfase Tocagüevos(2-6 anos)

Empezas a falar…pero a falar de máis…fas perguntas sobre todo o que ves…porqué morreu o ghato cando lle metín a cabeza no pilón?...que son esas ghomas que poñen “Durex”?...porqué o do butano bota unha hora na habitación de mamá?.... eres un autentico coñazo que non fai mais que andar a quentar a cabeza os pais…é entón cando escoitas por primeira vez a mellor resposta de todolos tempos : “…Son cosas de mayores…cuando crezcas ya lo entenderás..”…respondendo esto ,os fillos quedan cun shock psicoloxico e xa non volven a preguntar na vida.

É nesta época das nosas vidas cando empezaos a sufrir estress…xa que é cando empezamos a ir o colexio e temos que madrugar.

Habia que perseguir e lapidar ás persoas que dín…”oye…pero si madrugar es buenisimo…”….co ben que se está na cama ata as 3 da tarde!

4º fase cabrona (6-12)

Nesta fase , que dura uns 6 anos , os rapaces convirtense nun “mal bicho” , xa que é cando somos máis malos e ruíns.

Os rapaces nesta idade non entenden de nada:Non fan caso a nadie,son tercos,insultan a todo dios e teñen unha envidia terrible uns dos outros.

Realmente é nesta epoca da tua vida cando” te fas un home “ xa que intentas probar todo tipo de técnicas de tortura cos teus compañeiros de clase , sempre que tiveran menos corpo ca ti….senon serias victima da mitica paliza escolar, xa que é mellor levar palizas de pequeno que de grande porque …os dentes volvenche a nacer cando eres pequeno( porque os dentes de leite son para eso,pa’que chos rompan..vamos…)

De pequeno pobre de ti que ,por exemplo, sexas cabezón,teñas gafas ou sexas un pouco forelludo…xa que eso significa: marginación e palizas diarias por parte dos malotes e os seus secuaces…porque o auténtico Bronx esta nos colexios públicos.

5º fase “malibú con piña”(12-16)

Nesta etapa experimentas cambios hormonais e tamén é cando descubres o enigmático e barraquero mundo nocturno…

Tamén nesta etapa é cando cambias dunha relixion monoteísta como a cristiá a unha na que adoras obxetos: coches,motos,movil,tabaco

Volvendo ó tema “mundo nocturno”,é nesta etapa cando a maioría dos rapaces inicianse no ritual do alcohol co noso amigo “malibú con piña”…creador dunha nova estirpe de “gladiadores” sen título da ESO….pero auténticos amantes no risco á hora de pilotar motos de 50cc con atronadores escapes de competición.

Estéticamente, esta etapa deixa moito que mellorar. A tua indumentaria basease no

“F.M.S”(fashion malote style) que consta de :

-PEINADO: “estilo corinillas” ou tamén denominado” estilo cenicero”.Tamén hai a opción de levar “macroflekillos” con 10 kilos de gomina ou mechas de 15 millóns de colores feitas con tintes barraqueros…moitos nunca volveron a recuperar á cor de pelo de nacemento..xa que se disipaba entre esa amalgama de cores extranos.

Tamén hai que destacar un pequeño periodo onde estivo de moda o pelo rapado ó cero decolorado ata conseguir o “blanco absoluto”(solo os tipos máis duros o conseguian ,os mais merdans solo podian alcanzar o mitico “rubio puerco de auga oxigenada”)

-BOTAS: as omnipresentes botas ART .Nas botas existen xerarquias solo os tipos máis jañans podian usar as miticas ART blancas de velcro(eran auténticos obxetos de deseo…comparables a unha obra de arte)….pero o máximo ó que un jañan podia aspirar era a ter as veneradas NEW ROCK con talón e punteira de aceiro exterminador. Por ley solo podía haber 1 par de NEW ROCK por comarca.Por exemplo en Pontecesures solo as podería levar O’Bravo (según Son Goku,un auténtico superguerreiro de nivel 3)

-CAZADORA: Había duas opcións : Si eras de Santiago(ou calquera núcleo urbano de máis de 5000 hab.) podias levar a mitica cazadora azul SLAM (120 eurazos),pero si en cambio eres dun lugar mais rural (rural:lugar onde non chega a liña ADSL) solias usar a cazadora de neopreno (80 ouros) marca TRANGO…pero tiña que estar chinada de fumar porros no recreo e cheiran á aceite queimado de moto trucada para 74cc… senon non valía.

-SURADERA , CAMISA E CAMISETA : A poder ser apretadas ( 2 tallas máis pequenas ou mais) e solo se podían utilizar marcas autorizadas pola lei : Rottweiler,

Pitbull, black dragon , dj’s band , sonique…

-PANTALÓNS: Tamén a poder ser apretados(en plan “fardagüevos”)…pero con aberturas nos tobillos para que colleran as ART dentro. Tamén solian estar rotos e pisados os baixos dos pantalón ….porque asi” molas más”.

-TELEF.MOVIL:…De última tecnoloxia(camara de fotos de 4porrones de megapixel,mp3…) utilizando “the bells” de jeff milles de politono e a poder ser de tapa para otorgar un toque de sofisticación

....oh señor ! que grande es tu océano y que pequeña es mi barca!...

.a cousa e asi…e non ten trazas de cambiar…para todo o demás…SEIJAS MASTERCARD (*aceptada pola maioria das mulleres en idade fértil)…

…un alcoholico es alguien que te cae mal porque puede beber más que tu...

Jonhy bebo

Porto quien te ha visto y quien te ve!








A putada de ser mal estudiante é que o tempo de festa e carallada veraniega xa se acabou .Agora o que toca e mallar un pouco que xa están hai os exames de setembro...(habia que matar a quen os inventou!)...pero bueno este verán houbo bastante festa ( como sempre ,vamos).O meu parecer na zona non hai festas mellores cas de campaña e as de porto...ainda que este ano houbo menos xente...pero bueno como sempre estaba o mellor de cada casa!jeje.E bueno ainda que non chega o nivel das de porto e campaña este ano as do Carme en cesures melloraron bastante.E para dar testigo de que festa houbo bastante poño aqui unhas imaxes...que disque valen mais que mil palabras...